Estamos especializados en tradución audiovisual e multimedia; non obstante, tamén traducimos materiais e textos pertencentes a outros campos ou áreas do saber (cine, turismo, ocio, literatura, artigos científicos, textos corporativos…). As nosas linguas de traballo son o inglés (EN), o francés (FR), o castelán (ES) e o galego (GL) e en tódalas encomendas de tradución coas que nos comprometemos aseguramos a máxima calidade. Non dubide en pórse en contacto para pedir orzamentos sen compromiso ou para consultar calquera dúbida.